Skip to content

13 Ruta da Auga de Riamontes, Ermida de San Marcos Mystery Cache

Hidden : 7/19/2022
Difficulty:
2.5 out of 5
Terrain:
2.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Ruta de Riamonte


 

Percorrido circular de 7 km e dificultade media, que permite coñecer o conxunto etnográfico dos muíños de Riamonte.

Comézase o percorrido na pequena aldea do Vilar. Seguindo os postes indicativos, ascéndese por un vello camiño ata chegar ao primeiro dos muiños, o chamado de Ortoño, e o único que queda á beira dereita do regato.


Tras pasar o Pozo a ruta continúa por pistas forestais en constante subida entre plantacións de eucaliptos, ata chegar ao momento máis alto do percorrido. Trátase do Miradoiro do Monte de San Marcos, situado a 343 metros de altitude. Desde aquí, pódese contemplar unha magnífica panorámica do val do río Sar (Val da Maía) e de toda a comarca. Uns 200 metros máis arriba atópanse as ruínas da Ermida de San Marcos e dunha torre de vixilancia posiblemente de época medieval.

O regreso á aldea faise en continuo descenso, alternando entre monte baixo de toxo e eucaliptal, rodeando a ladeira do Monte de San Marcos. Os últimos dous quilómetros vólvense a achegar preto do regato de Riamonte e do bosque de ribeira para finalizar no mesmo punto onde comezou o camiño.


 

Os últimos dous quilómetros vólvense a achegar preto do regato de Riamonte e do bosque de ribeira para finalizar, despois de cruzar a ponte, no mesmo lugar onde comezou o camiño,

 

MOI IMPORTANTE


Nos primeiros caches (en orde de subida,2, 3, 4, 28, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12 e 13) atoparás as coordenadas do mistery do nº 27 e vai apuntando cada número que atopes.

As coordenadas publicadas non son as finais, para pescudar as finais resolve os mistery.
Hai misterys de varios formatos, algúns conteñen preguntas que a solución está no resto de caches dá serie.
O grao de dificultade e de terreo unifícase en todos mantendo unha media aproximada de 2.5 en ambos.

Disfruta, xoga e pasao ben, respeta o entorno e non divulges información relativa as coordenadas finais, e si podes PRACTICA CITO.

Additional Hints (No hints available.)