Skip to content

Os Pasais da Salina - Camiño Real Traditional Cache

Difficulty:
1 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Este caché é recomendable facelo coa marea baixa, doutro xeito non se ven os pasos de poldras que permiten cruzar o río. Táboa de mareas de Meteogalicia     

Os Pasais da Salina son os restos do que antes fora unha ponte que formaba parte do percorrido do Camiño Real que atravesaba o río Maior na parroquia de Esteiro polo lugar de Reboredo, entre O Maio e Solleiros.

Durante séculos, o denominado Camiño Real era a única comunicación terrestre da zona. O camiño neste punto só estaba operativo cando o permitía a marea baixa.

Ao contrario do que se podería pensar, a Ponte da Salina fíxose case ao mesmo que a ponte nova da estrada que vai de Noia a Muros. A contratación tivo lugar polo concello de Muros no ano 1895 e rematouse en 1896, tendo así o Camiño Real un punto onde cruzar o río. Na seguinte foto podemos ver a ponte antiga, antes de ser desmantelada.

En determinados momentos este camiño tiña servizo de dilixencia, a máis famosa foi a de Belarmino de Solleiros, onde había unha casa de postas. As casas de postas dispoñíanse nas principais poboacións ao longo das liñas de correos e nas vías principais para prover o fornezo de cabalos necesario para realizar as viaxes. Moitas servían tamén de parada de dilixencias para viaxeiros.

No ano 1906 xa estaba operativa a nova estrada cunha nova ponte uns centos de metros máis abaixo da Ponte da Salina.

A consecuencia inmediata desta nova construción foi o abandono e espolio de todo o que se podía aproveitar da ponte vella. Na actualidade só quedan unhas poucas pedras que formaban parte das cepas e que non resultaban doadas transportar polo seu excesivo peso.

No ano 1927 aínda se usaba o paso de poldras, pero xa era moi necesario un novo acceso a Solleiros desde a ponte nova, tal como se recolle no xornal Correo de Galicia, os veciños cedían os terreos para facer un camiño público.

O entorno foi acondicionado no 2011 e tamén se empedrou un tramo do que fora a antiga vía de comunicación.

Fontes:   Elixio Vieites a través de Patrimonio Galego     

Gracias a CristinaPaz por regalarme o seu caché.    

Additional Hints (No hints available.)