Son follas fósiles dun tipo de fento ou é outra cousa?
Non son fósiles, chámaselle
pirolusita dendrítica. A súa forma ramificada lembra as frondes dun fento
fósil, pero na realidade trátase dun mineral formado por cristalizacións de dióxido
de manganeso sobre rochas, xeralmente sedimentarias e ás veces metamórficas
Este mineral
coñecíase como pedra de manganeso ou xabrón de vidreiro debido ao seu uso para
limpar as manchas marróns ou verdes do ferro dos vasos, grazas á súa acción oxidante.
Desde 1827, coñécese como pirolusita: "piro" significa lume,
"luein" significa lavar e "lousis" significa acción de
lavar, lavar.
Pirolusita
A pirolusita é un
mineral da clase dos óxidos, pertencente ao grupo dos rutilos. Quimicamente,
trátase de dióxido de manganeso (MnO2) e pode presentar unha gran
variedade de hábitos cristalinos, aínda que xeralmente se presenta en forma de
agregados fibrosos dendríticos. Moi raramente cristaliza en cristais ben
desenvolvidos.
A pirolusita é
soluble en ácido clorhídrico, producindo cloro. A súa cristalización ocorre nun
sistema tetragonal, e en ocasións os cristais son prismáticos e de cor negra
(coñecidos como polianita). Pode ser atopada en masas terrosas, en po e en
agregados fibrosos. Con frecuencia, acompáñase de outros minerais de manganeso,
moitos deles sen cristalización.
Pirolusita dendrítica
A pirolusita
dendrítica é o nome que se lle dá ás cristalizacións de óxidos de manganeso en
forma de dendritas negras sobre rochas. Aínda que tradicionalmente se lle deu
este nome, comprobouse que estas dendritas non son pirolusitas, senón outros
tipos de óxidos de manganeso (criptomelanitas, birnesitas, todorokitas).
De onde vén o nome
de pirolusita dendrítica? Dendritas, do grego "déndron" que significa
árbore, é o que estás vendo. Polo tanto, non son fósiles, como din algúns,
senón cristais que parecen restos vexetais.
Orixe e ambiente de formación
O máis común é que
a pirolusita teña unha orixe sedimentaria, formada pola deposición de manganeso
nun ambiente de sedimentación lacustre ou pantanoso, con pouca circulación de
auga, así como por depósitos mariños superficiais. Por este motivo, as
dendritas son moi habituais entre as capas de rochas sedimentarias. Fórmanse ao
encher fracturas ou estenderse polos planos ou superficies de estratificación
presentes nas rochas sedimentarias, como calizas ou margas (50% caliza + 50%
arxila).
A pirolusita adoita
aparecer en case todos os tipos de rochas e xacementos minerais, como resultado
da alteración de minerais que conteñen manganeso.
Ás veces, as
dendritas fórmanse nas rochas metamórficas, xa que aparecen como minerais
secundarios xurdidos da alteración superficial dos minerais de manganeso nun
ambiente oxidante.
Propiedades fisicoquímicas
| Grupo |
Óxidos |
| Composición |
MnO2 |
| Cor |
De gris escuro a negro |
| Sistema cristalino |
Tetragonal |
| Hábito cristalino |
Masivo |
| Dureza |
6 - 6,5 |
| Fractura |
Desigual, fráxil, en estelas |
| Exfoliación |
Perfecta |
| Brillo |
De metálico a terroso |
| Raia |
Negra ou negra azulada |
| Transparencia |
Opaco |
| Peso específico |
4,4 - 5,1 |
É moi oxidante
(leva electróns e o Mn redúcese, pasa de Mn4 a Mn2); reacciona e dá cloro
(pirolusita + 4 ácido clorhídrico … cloruro de Mn2 + Cl2 (cloro) + 2 H20).
Para extraer o Mn da pirolusita, faise por electrólise.
Aplicacións
Emprégase para
obter Mn (manganeso), que é importante na industria siderúrxica para formar aliaxes,
así como cloro (Cl2). A pirolusita tamén se utiliza como descolorante de vidro
e en baterías eléctricas. Ademais, tamén se emprega para dar cor a pinturas,
tintes, azulexos e cerámica.
Antes de rexistrar este caché como atopado, envíame unha mensaxe coas túas respostas. Despois podes rexistralo e, se non son correctas, xa te respondo á mensaxe.
1.- Estas formas que ves son realmente pirolusita ou son outro tipo de óxidos de manganeso?
2.- De que cor é a rocha que contén as ‘pirolusitas dendríticas’ que estás vendo?
3.- Cal é a fórmula química da pirolusita?
4.- A que grupo de minerais pertence a pirolusita e en que sistema cristaliza?
5.- Por que se forman as dendritas?
6.- Localiza esta pedra:
Fai unha foto na que se aprecie o tamaño das formacións en relación co obxecto.
Fontes:
Divulgación Cientifica da Universidade de Málaga.
Gracias a ascion por permitirme empregar o seu caché 'Plantitas?'