Skip to content

Concello de Conxo Multi-cache

Hidden : 10/29/2023
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Celebración da primeira mostra de curtas do 10º Festival Internacional de Curtametraxes de Geocaching en Santiago de Compostela

Concello de Conxo

Din que o nome deste barrio de Santiago deriva de Almerico Canogio, nome do desafortunado amor de Rusuinda asasinado no Camiño de Santiago e que, segundo a lenda fora enterrado na contorna do mosteiro. Escudo do antigo concello de Conxo

Conxo ten tamén o seu protagonismo na constitución histórica dos concellos, historia que arrinca en 1812 cando as Cortes de Cádiz promulgan a primeira Constitución Española. Esta pretende dotar ao Estado Español dun mellor sistema administrativo, sendo os concellos un dos seus puntos máis importantes, pois se pretendía sacalos do caos e a decadencia na que estaban sumidos baixo o absolutismo monárquico do Antigo Réxime. A reacción absolutista frustrará por dúas veces, 1814 e 1823, estes intentos de reforma.

Morto Fernando VII e baixo o reinado de María Cristina, inspirados polas reformas que procuraban as Cortes de Cádiz, o 23 de xullo de 1835 redactarase o real decreto que regulará os novos concellos, baixo o que se constituirá o de Conxo. Este comprendía as parroquias de San Martiño de Laraño, Santa María de Villestro, Santa María de Figueiras, San Cristobo do Eixo, San Martiño de Aríns, Santa Baia de Bando e Santa María de Marrozos, chegando a ter ao redor de 15.000 habitantes.

A ditadura de Primo de Rivera promulgará en 1924 o Estatuto Municipal, nova norma reguladora dos concellos de España. Con esta norma Primo de Rivera pretendía rexenerar a vida municipal e combater o caciquismo, pero isto non ocorreu porque ao non celebrarse as prometidas eleccións, os alcaldes foron elixidos a dedo polos caciques de sempre.

Aínda que o Estatuto Municipal de 1924 non conseguirá acabar co caciquismo, acabará co reinado de Conxo como Concello Independendiente, xa que a partir de 1925 pasará a formar parte de Santiago.

A actual parroquia de Conxo repártese nos seguintes lugares: Conxo de Arriba, Conxo de Abaixo, Cornes, A Curuxeira, A Fervenza, Monte do Seixo, A Nogueira, Pai da Cana, Ponte da Rocha, Ponte Pereda, O Porto, Poza Real, Rial, Rocha Vella, Torrente e Volta do Castro.

En 1827 nace en Cornes Rosalía de Castro a maior poeta de Galicia e autora, entre outras obras, de En la orillas del Sar, publicado en 1884 e un dos seus poemarios máis famosos, é dicir, Rosalía non naceu en Compostela, naceu en Conxo.

De Conxo tamén partía a primeira liña férrea posta en marcha en Galicia, co caché 1. Cornes, a estación de Rosalía comeza a serie dedicada a este fito histórico.


Resolve o multicaché

Na coordenadas publicadas hai dous edificios emblemáticos de Conxo, o convento das mercedarias e a igrexa da Mercé de Conxo.

Hoxe xa non funciona como convento, é hospital psiquiátrico.

Enriba da porta de cristal o letreiro pon?

1.- Hospital psquiátrico (Valor de A  771)

2.- Sanatorio psiquiátrico de Conxo (Valor de A  855)

3.- Ningunha das anteriores (Valor de A 732)

A porta de entrada á igrexa é de madeira e esta iluminada desde o chan.

No almofadado da porta conta adornos almofadados redondos e as luces que hai no chan para iluminala.

1.- Hai 8 almofadados redondos e 4 luces (Valor de B 343)

2.- Hai 6 almofadados redondos e 2 luces (Valor de B 247)

3.- Hai 6 almofadados redondos e 3 luces (Valor de B 500)

As finais están en N 42 51.A W 8 33.B

Additional Hints (Decrypt)

Zntaégvpb

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)