Skip to content

Lagoa de Sobrado dos Monxes Traditional Geocache

Hidden : 12/16/2023
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   small (small)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Lagoa de Sobrado dos Monxes

A lagoa de Sobrado está situada no concello de Sobrado dos Monxes, que constitúe na actualidade unha das mellores lagoas interiores de Galicia pola relevancia dos seus valores naturais en canto a flora e fauna. 

Trátase dunha lagoa artificial creada polos monxes cistercienses, ó redor do ano 1.500 para fornecemento do mosteiro e sistemas de rego, e nalguhas épocas como reserva de troitas para o autoabastecemento. 

A lagoa de Sobrado ten forma regular, cunha área superficial de 111.200m2, un perímetro de 1.300m, un volumen total de 128.633m3, unha profundidade máxima de 5'5m e unhas dimensións máximas de 502 x 309m. 

As beiras da lagoa oeste e sur son moi semellantes e o tránsito terra-auga é curto, polo que a zona onde o solo está encharcado é estreita. As beiras norte e leste presentan unha ampla zona de transición entre o medio lacustre e a terra firme. 

Transcurridos cinco séculos, a lagoa mostrase hoxe perfectamente naturalizada. Está bordeada de prados e dun bosque caducifolio; na auga abunda o nenúfar e a espiga de auga, formando estensas masas flotantes no verán. 

Na actualidade, a lagoa de Sobrado pódese visitar e disfrutar do lugar rodeado de prados e un bosque de bidueiros, freixos, carballos... Conta con un área de recreo e varios miradores para observación da fauna. 

A lagoa de Sobrado, atópase protexida pola Red Natura 2000 posto que se trata dun dos humedais máis importantes de Galicia. 

O caché está escondido ó pé dun árbol no camiño que inicia na zona de aparcamento, está tapado con dos pedras. Por favor, trátao con cariño para que o seguinte poida atopalo igual que ti. Feliz búsqueda! 😃

 

Additional Hints (Decrypt)

Phnp phnp - Rfgbl n erfthneqb, gncnqb pba han cvrqen. Qéwnzr pbzb zr rapbagenfgr, cbe snibe.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)