Skip to content

A Pena Moura Traditional Geocache

Hidden : 12/16/2023
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
2 out of 5

Size: Size:   small (small)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


A Pena Moura

Na serra do Bocelo, na divisoria entre os concellos de Toques e Sobrado dos Monxes, atópase unha área megalítica na que se que contabilizan ata unha decena de mámoas e entre as que destaca a formación granítica natural denominada a Pena Moura e o dolmen do Forno dos Mouros. 

Para chegar ata a Pena Moura, hai que dirixirse ata a aldea de A Moruxosa, na parroquia de Paradela (Toques). Ó pouco de saír da aldea, seguindo en dirección a Sobrado dos Monxes, contemplanse a Pena de dimensións que acadan ata os 11 metros de altura e feitura ovoide, dao que se trata dun bolo granítico de liñas redondeadas que descansa sobre unha base de gneis, que demostra a erosión á que se veu sometida o entorno. 

A Pena Moura, pola súa maxestuosidade, confírelle unha dimensión mítica, asociada ó imaxinario dos mouros. A lenda da Pena Moura ten varias versións recopiladas por Antonio Río López, que nos conta que: 

  • "Esa roca fue traída en la cabeza por una moura y al colocarla un momento en el suelo para descansar, comprobó asombrada como la piedra iba creciendo cada vez más hasta convertirse en la enorme mole, con la que no podía continuar". 
  • Outra versión dí: "la tienen los lugareños como colosal barómetro que predice la llegada del invierno; así el dicho de: xa chegou o inverno á Pena Moura, significa que ineludiblemente el invierno está ya en la puerta".
  • Unha última versión, conta que: "Un sacerdote haciendo su habitual rezo en aquel lugar, un buen día pudo ver como la roca se abría ofreciendo ante sus ojos un altar de oro; más por querer acercarse, dejó el breviario en el suelo y un golpe de viento removió sus páginas, lo que motivó que la piedra volviera a cerrarse al instante". 

O caché atópase seguindo o sendeiro que parte dende a Pena Moura cara o cumio, dende donde se poden desfrutar das fermosas vistas 360º de toda a comarca. 

Vista dende a Pena Moura dende o punto do escondite:

 

Additional Hints (Decrypt)

Gncnqb pba crqenf - Zven sbgbf fcbvyre

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)