Skip to content

Muralla Romana de Lugo Virtual Cache

Hidden : 3/19/2024
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1 out of 5

Size: Size:   virtual (virtual)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Muralla Romana de Lugo

Galego   Castellano a continuación English below

A muralla romana mellor conservada do Mundo.

Construída entre os séculos III e IV da nosa era, nun momento convulso para o imperio romano, a muralla constitúe un modelo desde o punto de vista construtivo, xa que no seu deseño seguíronse as directrices do famoso arquitecto Vitrubio. A estrutura da muralla, situada orixinalmente entre un foxo e un corredor interior ou intervallum, xunto cos materiais empregados na súa construción convertérona nun elemento de defensa perdurable no tempo e practicamente imbatible. O deseño construtivo, a base dunha sucesión de cubos semicirculares e cortinas, xunto cun enxeñoso sistema de escaleiras de acceso, facían de Lugo unha cidade preparada para resistir ante calquera ataque.

Actualmente, a muralla conta con 10 portas, das que se consideran orixinais cinco. Igualmente, dos 85 cubos iniciais, consérvanse 71, entre os que destaca a emblemática torre da Mosqueira, que conserva dúas fiestras orixinais. Sen embargo, a pesar dos cambios, a muralla resistiu tan ben que aínda segue conservando íntegro o seu perímetro, circunstancia que a fai única no mundo.

Se as pedras falasen…

Se as pedras falasen e nos fósemos capaces de entender a súa linguaxe, decatariámonos de que a muralla de Lugo non é algo estático nin perennemente fixo, saberiamos que estamos ante unha obra palpitante e mutable que, coma un espello, reflicte a vida dos lucenses e comprenderíamos que a historia da muralla, a da cidade e a dos homes e mulleres de Lugo están estreitamente unidos.

Durante os seus máis de 17 séculos de historia foi atacada por suevos, aínda que parece ser que atoparon as portas abertas porque era o día de Pascua (hai quen di que de aí ven a expresión, “fixéronnos a Pascua”). Logo, atacárona visigodos, musulmáns, cristiáns… Conseguiu resistir ás liortas e guerras entre os reinos cristiáns durante a Baixa Idade Media e, na primeira metade do século XIX, sufriu grandes estragos cos ataques dos exércitos inglés (1809) e español (1812) para derrotar ás forzas napoleónicas que ocuparan a cidade. Máis tarde, durante as Guerras Carlistas foi atacada varias veces con fogo de artillería.

Durante a súa existencia, a muralla precisou de obras de restauración. Tamén, co gallo de optimizar a súa defensa, foi obxecto de reformas e fortificacións.  

Lugo “Medra”

A finais do século XIX a poboación de Lugo medrou vertixinosamente e a falla de vivenda popular para familias con escaso poder adquisitivo foi un dos motivos que incrementaron o levantamento de casas pegadas, cuxa construción era moi económica porque só necesitaban apoiar a cuberta na muralla e levantar unha fachada.

Ademais, nas zonas onde se celebraban feiras ou mercados prodigáronse as tabernas, mesóns e casas de hóspedes en edificios arrimados á muralla. De feito, a Feira de San Froilán naceu nas proximidades da Porta de San Pedro e tamén, durante esta época, ábrenselle cinco portas máis por necesidades urbanísticas.

“Muralla Limpia”

En 1971 declárase de utilidade pública a demolición dos edificios arrimados á muralla. Comeza así a operación “Muralla Limpia” que conseguiu derrubar as vivendas e negocios adosados ao monumento. Non sentou moi ben entre inquilinos e propietarios pero, unha vez finalizada, a muralla púidose ver outra vez na súa totalidade e recuperouse o monumento para lucenses e visitantes.

UNHA MURALLA PARA TODOS

No ano 2000, a UNESCO declara a Muralla de Lugo como Monumento de Patrimonio Mundial co seguinte criterio: “Esta muralla é unha proba sen igual da evolución histórica de Lugo e os seus arredores, non só na época romana de onde data a súa estrutura orixinal, senón tamén nos períodos posteriores, xa que reflicte unha importante mestura de influencias arqueolóxicas, urbanísticas e mesmo paisaxísticas”

O adarve é hoxe un espazo de ocio e de cultura. Os lucenses aproveitan este fermoso paseo no alto da muralla para camiñar, conversar, ler, reflexionar, xogar, facer deporte ou relaxarse. O adarve é un lugar para todo o mundo: nenos, anciáns, familias e grupos, para quen queira gozar da soidade e para quen busca compaña. É un lugar para mirar e para admirar, un camiño para ser andado e para ser vivido.

Fontes: https://turismo.deputacionlugo.gal/gl/node/64442

https://concellodelugo.gal/gl/localizacions/centro-de-interpretacion-da-muralla

https://concellodelugo.gal/gl/localizacions/sala-de-exposicions-porta-mina

Como rexistro este caché virtual?

Para rexistrar este caché virtual non é preciso atopar ningún “bote” físico, pero tedes que facer unha tarefa moi sinxela para a que necesitades pasear por enriba da muralla que é como facelo por enriba da historia.

Podedes subir á muralla utilizando a rampla que hai fronte á catedral, calquera das 6 escaleiras interiores ou o ascensor. A visita é gratis e está sempre aberta. Tedes información sobre os accesos aquí: https://www.caminosconarte.com/muralla-de-lugo-accesos/

Durante o paseo, desde arriba da muralla, tedes que facer dúas fotos, en lugares emblemáticos, nas que se vos identifique e subilas ao voso rexistro. Unha, nas coordenadas publicadas, coa fachada da catedral ao fondo, e outra na que se vexan as xanelas do cubo da Mosqueira (WP1). Se non queredes saír na foto, podedes escribir o voso nick nun papel ou na man, o voso GPS, mascota…

Lembrade, son necesarias dúas fotos. Os rexistros sen as fotos non son válidos e serán eliminados. A continuación tedes un exemplo pero agradécese a imaxinación e, por suposto, tamén se agradecen outras fotos que consideredes oportunas. 

_____________________________________________________________________________________________________________

Virtual Rewards 4.0 - 2024-2025

Este Caché Virtual Cache é parte dunha versión limitads de Virtuais creados entre o  17 de xaneiro de 2024 e o 17 de xaneiro de 2025. Só 4000 propietarios de caché tiveron a oportunidade de agochar un Caché Virtual. Obteña máis información sobre Virtual Rewards 4.0 en Geocaching Blog.

 

 

Castellano                English below

La muralla romana mejor conservada del Mundo.

Construida entre los siglos III y IV de nuestra era, en un momento convulso para el imperio romano, la muralla constituye un modelo desde el punto de vista constructivo, ya que en su diseño se siguieron las directrices del famoso arquitecto Vitrubio. La estructura de la muralla, situada originalmente entre un foso y un pasillo interior o intervallum, junto con los materiales empleados en su construcción la convirtieron en un elemento de defensa perdurable en el tiempo y prácticamente imbatible. El diseño constructivo, a base de una sucesión de cubos semicirculares y cortinas, junto con un ingenioso sistema de escaleras de acceso, hacían de Lugo una ciudad preparada para resistir ante cualquiera ataque.

Actualmente, la muralla cuenta con 10 puertas, de las que se consideran originales cinco. Igualmente, de los 85 cubos iniciales, se conservan 71, entre los que destaca la emblemática torre da Mosqueira, que conserva dos ventanas originales. Sin embargo, a pesar de los cambios, la muralla resistió tan bien que aún sigue conservando íntegro su perímetro, circunstancia que la hace única en el mundo.

Si las piedras hablasen…

Si las piedras hablasen y nosotros fuésemos capaces de entender su lenguaje, nos daríamos cuenta de que la muralla de Lugo no es algo estático ni perennemente fijo, sabríamos que estamos ante una obra palpitante y mutable que, como un espejo, refleja la vida de los lucenses y comprenderíamos que la historia de la muralla, la de la ciudad y la de los hombres y mujeres de Lugo están estrechamente unidos.

Durante sus más de 17 siglos de historia fue atacada por suevos, aún que parece ser que encontraron las puertas abiertas porque era el día de Pascua (hay quien dice que de ahí viene la expresión, “nos hicieron la Pascua”). Después, la atacaron visigodos, musulmanes, cristianos… Consiguió resistir a las revueltas y guerras entre los reinos cristianos durante la Baja Edad Media y, en la primera mitad del siglo XIX, sufrió grandes daños con los ataques de los ejércitos inglés (1809) y español (1812) para derrotar a las fuerzas napoleónicas que ocuparan la ciudad. Más tarde, durante las Guerras Carlistas fue atacada varias veces con fuego de artillería.

Durante su existencia, la muralla precisó de obras de restauración. También, con el objetivo de optimizar su defensa, fue objeto de reformas y fortificaciones.  

Lugo “Crece”

A finales del siglo XIX la población de Lugo creció vertiginosamente e la falta de vivienda popular para familias con escaso poder adquisitivo fue uno de los motivos que incrementaron el levantamiento de casas pegadas, cuya construcción era muy económica porque sólo necesitaban apoyar la cubierta en la muralla y levantar una fachada.

Además, en las zonas donde se celebraban ferias o mercados se prodigaron las tabernas, mesones y casas de huéspedes en edificios adosados a la muralla. De hecho, la "Feira de San Froilán" nació en las proximidades de la Puerta de San Pedro e también, durante esta época, se le abren cinco puertas más por necesidades urbanísticas.

“Muralla Limpia”

En 1971 se declara de utilidad pública la demolición de los edificios apoyados en la muralla. Comienza así la operación “Muralla Limpia” que consiguió derribar las viviendas y negocios adosados al monumento. No sentó muy bien entre inquilinos y propietarios pero, una vez finalizada, la muralla se pudo ver otra vez en su totalidad y se recuperó el monumento para lucenses y visitantes.

UNA MURALLA PARA TODOS

En el año 2000, la UNESCO declara la Muralla de Lugo como Monumento de Patrimonio Mundial con el siguiente criterio: “Esta muralla es una proba sin igual de la evolución histórica de Lugo y sus alrededores, no sólo en la época romana de donde viene su estructura original, sino también en los períodos posteriores, ya que refleja una importante mezcla de influencias arqueológicas, urbanísticas e incluso paisajísticas”

 

El adarve es hoy un espacio de ocio y de cultura. Los lucenses aprovechan este hermoso paseo en lo alto de la muralla para caminar, conversar, leer, reflexionar, jugar, hacer deporte o relajarse. El adarve es un lugar para todo el mundo: niños, ancianos, familias y grupos, para quien quiera gozar de la soledad y para quien busca compañía. Es un lugar para mirar y para admirar, un camino para ser andado y para ser vivido.

Fuentes: https://turismo.deputacionlugo.gal/gl/node/64442

https://concellodelugo.gal/gl/localizacions/centro-de-interpretacion-da-muralla

https://concellodelugo.gal/gl/localizacions/sala-de-exposicions-porta-mina

Como registro este caché virtual?

Para registrar este caché virtual no es preciso encontrar ningún “bote” físico, pero tenéis que hacer una tarea muy simple para la que necesitáis pasear por encima de la muralla que es como hacerlo por encima de la historia.

Podéis subir a la muralla utilizando la rampa que hay frente a la catedral, cualquiera de las 6 escaleras interiores o el ascensor. La visita es gratis y está siempre abierta. Tenéis información sobre los accesos aquí: https://www.caminosconarte.com/muralla-de-lugo-accesos/

Durante el paseo, desde arriba de la muralla, tenéis que hacer dos fotos, en lugares emblemáticos, en las que se os identifique y subirlas a vuestro registro. Una, en las coordenadas publicadas, con la fachada de la catedral al fondo, y otra en la que se vean las ventanas del cubo da Mosqueira (WP1). Si no queréis salir en la foto, podéis escribir vuestro nick en un papel o en la mano, vuestro GPS, mascota…

Recordad, son necesarias dos fotos. Los registros sin las fotos no son válidos y serán eliminados.  A continuación tenéis un ejemplo pero se agradece la imaginación y, por supuesto, también se agradecen otras fotos que consideréis oportunas. 

_______________________________________________________________________________________________

Virtual Rewards 4.0 - 2024-2025

Este Caché Virtual es parte de una versión limitada release de Virtuales creados entre el 17 de enero de 2024 y el 17 de enero de 2025. Sólo 4000 propietarios de caché tuvieron la oportunidad de esconder un Caché Virtual. Obtenga más información sobre Virtual Rewards 4.0 en Geocaching Blog.

 

English (Google translate)

The best preserved Roman wall in the world.

Built between the 3rd and 4th centuries of our era, at a turbulent time for the Roman Empire, the wall constitutes a model from a construction point of view, since its design followed the guidelines of the famous architect Vitruvius. The structure of the wall, originally located between a moat and an interior corridor or intervallum, together with the materials used in its construction, made it an element of defense that endured over time and was practically unbeatable. The construction design, based on a succession of semicircular cubes and curtains, together with an ingenious system of access stairs, made Lugo a city prepared to resist any attack.
Currently, the wall has 10 gates, of which five are considered original. Likewise, of the initial 85 cubes, 71 are preserved, among which the emblematic Mosqueira tower stands out, which preserves two original windows. However, despite the changes, the wall resisted so well that it still preserves its entire perimeter, a circumstance that makes it unique in the world.

If stones could talk...

If the stones spoke and we were able to understand their language, we would realize that the wall of Lugo is not something static or perennially fixed, we would know that we are facing a pulsating and mutable work that, like a mirror, reflects the life of the people. Lugo and we would understand that the history of the wall, that of the city and that of the men and women of Lugo are closely linked.
During its more than 17 centuries of history it was attacked by Suebi, even though it seems that they found the doors open because it was Easter Day (there are those who say that is where the expression comes from, “they made Easter for us”). Later, it was attacked by Visigoths, Muslims, Christians... It managed to resist the revolts and wars between the Christian kingdoms during the Late Middle Ages and, in the first half of the 19th century, it suffered great damage with the attacks of the English armies (1809) and Spanish (1812) to defeat the Napoleonic forces that occupied the city. Later, during the Carlist Wars it was attacked several times with artillery fire.

During its existence, the wall required restoration works. Also, with the aim of optimizing its defense, it was the subject of reforms and fortifications.

Lugo “Grows”

At the end of the 19th century, the population of Lugo grew rapidly and the lack of popular housing for families with little purchasing power was one of the reasons that increased the construction of attached houses, whose construction was very economical because they only needed to support the roof on the wall. and put up a facade.
Furthermore, in the areas where fairs or markets were held, taverns, inns and guest houses were spread in buildings attached to the wall. In fact, the "Feira de San Froilán" was born in the vicinity of the Puerta de San Pedro and also, during this time, five more doors were opened due to urban planning needs.

“Clean Wall”

In 1971 the demolition of the buildings leaning on the wall was declared of public utility. Thus begins the “Clean Wall” operation that managed to demolish the homes and businesses attached to the monument. It did not sit well with tenants and owners but, once finished, the wall could be seen again in its entirety and the monument was recovered for Lugo residents and visitors.

A WALL FOR EVERYONE

In the year 2000, UNESCO declared the Wall of Lugo as a World Heritage Monument with the following criteria: “This wall is an unparalleled proof of the historical evolution of Lugo and its surroundings, not only in the Roman era from which its origins come. original structure, but also in later periods, since it reflects an important mix of archaeological, urban and even landscape influences.
The walkway is today a space for leisure and culture. The people of Lugo take advantage of this beautiful walk at the top of the wall to walk, talk, read, reflect, play, play sports or relax. The adarve is a place for everyone: children, the elderly, families and groups, for those who want to enjoy solitude and for those looking for company. It is a place to look and admire, a path to be walked and to be lived.

Sources: https://turismo.deputacionlugo.gal/gl/node/64442

https://concellodelugo.gal/gl/localizacions/centro-de-interpretacion-da-muralla

https://concellodelugo.gal/gl/localizacions/sala-de-exposicions-porta-mina

How do I register this virtual cache?

To register this virtual cache it is not necessary to find any physical “boat”, but you have to do a very simple task for which you need to walk over the wall, which is like walking over history.
You can climb the wall using the ramp in front of the cathedral, any of the 6 interior stairs or the elevator. The visit is free and always open. You have information about access here: https://www.caminosconarte.com/muralla-de-lugo-accesos/
During the walk, from above the wall, you have to take two photos, in emblematic places, in which you can be identified and upload then to your register. One, in the published coordinates, with the façade of the cathedral in the background, and another in which the windows of the Mosqueira cube (WP1) can be seen. If you don't want to be in the photo, you can write your nickname on a piece of paper or on your hand, your GPS, pet...

Remember, two photos are necessary. Registrations without both photos are not valid and will be deleted. Below you have an example but imagination is appreciated, and, of course, other photos that you considered appropriate are also appreciated.

___________________________________________________________________________________________

Virtual Rewards 4.0 - 2024-2025

This Virtual Cache is part of a limited release of Virtuals created between January 17, 2024 and January 17, 2025. Only 4,000 cache owners were given the opportunity to hide a Virtual Cache. Learn more about Virtual Rewards 4.0 on the Geocaching Blog.

Additional Hints (Decrypt)

Vzcbegnagr: bf erkvfgebf fra sbgbf freáa ryvzvanqbf// Vzcbegnagr: ybf ertvfgebf fva sbgbf freáa ryvzvanqbf// Vzcbegnag: Ertvfgengvbaf jvgubhg cubgbf jvyy or qryrgrq.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)