GALEGO
Encontrámonos nun dos emplazamentos máis emblemáticos desta vila. Conviven aquí dous grandes monumentos de Betanzos, a igrexa parroquial de santa María do Azougue e a igrexa de san Francisco, que pertencía o antigo mosteiro homónimo.
Ambas teñen en común o seu promotor: Fernán Pérez de Andrade "o Boo". Este noble medieval conseguiu o favor da coroa de castela grazas ó apoio que ofreceu ó rei Enrique II durante a guerra contra Pedro I. Por isto, o monarca otorgoulle varias terras e privilexios, que o fixeron aínda máis rico e poderoso. Patrocinou un gran número de obras, entre as que contamos estas dúas igrexas betanceiras.
Santa María do Azougue
A devoción mariana estaba moi extendida durante o medievo, a figura da Virxe era moi admirada en todas as súas formas. No caso de Fernán Pérez de Andrade podemos apreciar un gran protagonismo da figura de María na maioría de fábricas relixiosas que finanza. En particular en este templo a cantidade de representacións que temos da escena da Anunciación é destacable. Na fachada podemos apreciar a máis evidente polo seu tamaño, a esquerda da portada temos a María e a dereita a Gabriel, cada un nunha hornacina.
Outro motivo moi repetido en ambas igrexas é o porco bravo, o símbolo de Fernán Perez de Andradre. Os xabaríns aparecen labrados decorando os muros do interior, pero tamén como escultura nos tellados de ambas igrexas.
No seu interior garda outros tesoros como as pinturas do século XV recentemente descubertas tras un retablo. Se queredes saber máis recomendovos o instagram de: insta_maria_do_azougue.


Fotografía de Federico García Lorca no adro da igrexa nunha visita a Betanzos.
Podedes encontrar a igrexa aberta de luns a venres e de 10:00 a 14:00
O "Azougue"
Existe a creencia popular de que a esta zona se lle coñece como o "Azougue" pola presencia de mercurio nesta parte da cidade. É certo que baixo estas rúas existe unha rede de túneles, e as galerías van de 10 a 80 metros de lonxitude, e encontranse a varios niveis de profundidade, pero, ¿tratábase de minas de mercurio?
A outra versión da historia e que azougue ven da palabra "zoco", o zuq en árabe, que significa mercado. Aínda hoxe en día temos xusto en fronte diante do adro deta igrexa o mercado municipal.

San Francisco
Esta igrexa monacal de estilo gótico foi construida durante o século XIV, reedificando unha anterior, datada no século XIII. O templo sufriu un incendio no ano 1936, debido a Guerra Civil, polo tanto os interiores que vemos hoxe en día son froito das reformas as que se somete anos despois
Destaca que o seu interior, en concreto o altar maior, foi o lugar escollido por Fernán Pérez de Andrade para colocar o seu sepulcro. Hoxe en día ubícase os pés do templo, para que poida ser contemplado por todas as súas caras. Xunto a el deberiamos de ter a súa esposa Sancha, pero o señor de Andrade casou tras a morte da súa primeira esposa, polo que o sepulcro de Sancha foi retirado do seu lugar de honra. Hoxe en día encontrase no Museo das Mariñas, por desgracia non conservamos a tapa onde estaría representada a noble. Como curiosidade, sabemo que antes de ser musealizado foi empregado como abrevadeiro para os cabalos da Guardia Civil.

Fotografía de Veiga Roel do interior da Igrexa de san Francisco tras o incendio de 1936.
Esta igrexa ten horarios de visita e cobran entrada pola visita ó interior.
Deixo algo de información extra dispoñible en YouTube do proxecto Betanzos Capital:
As Revoltas Irmandiñas
Quén foi Fernán Pérez de Andrade?
CASTELLANO
Nos reunimos en uno de los lugares más emblemáticos de esta localidad. Aquí conviven dos grandes monumentos de Betanzos, la iglesia parroquial de santa María do Azougue y la iglesia monacal de san Francisco.
Ambos tienen en común a su promotor: Fernán Pérez de Andrade "o Boo". Este noble medieval se ganó el favor de la corona de Castilla gracias al apoyo que ofreció al rey Enrique II durante la guerra contra Pedro I. Para ello, el monarca le concedió varias tierras y privilegios, que le hicieron aún más rico y poderoso. Patrocinó un gran número de obras, entre las que contamos estas dos iglesias de Betanzos
Santa María do Azougue
La devoción mariana estuvo muy extendida durante la Edad Media, siendo muy admirada la figura de la Virgen en todas sus formas. En el caso de Fernán Pérez de Andrade podemos contemplar un gran protagonismo de la figura de María en la mayoría de las fábricas religiosas que financia. En particular en este templo es destacable la cantidad de representaciones que tenemos de la escena de la Anunciación. En la fachada podemos apreciar el más evidente por su tamaño, a la izquierda de la portada tenemos a María y a la derecha a Gabriel, cada uno en una hornacina.
Otro motivo muy repetido en ambas iglesias es el jabalí, el símbolo de Fernán Pérez de Andradre. Los jabalíes aparecen tallados decorando las paredes interiores, pero también como escultura en los tejados de ambas iglesias.
En su interior guarda otros tesoros como las pinturas del siglo XV descubiertas recientemente detrás de un retablo. Si quieres saber más sobre este templo te recomiendo el instagram de: insta_maria_do_azougue.
Podeis encontrar la iglesia abierta de lunes a viernes y de 10:00 a 14:00.
El "Azougue"
Existe la creencia popular de que esta zona es conocida como el “azougue” debido a la presencia de mercurio en esta parte de la ciudad. Es cierto que bajo estas calles existe una red de túneles, y las galerías van de 10 a 80 metros de longitud, y están en varios niveles de profundidad, pero, ¿eran minas de mercurio?
La otra versión de la historia es que azougue proviene de la palabra "zoco", del árabe zuq, que significa mercado. Aún hoy tenemos el mercado municipal justo enfrente del patio de esta iglesia.
San Francisco
Esta iglesia monacal de estilo gótico fue construida durante el siglo XIV, reconstruyendo la anterior, que databa del siglo XIII. El templo sufrió un incendio en 1936, debido a la Guerra Civil, por lo que los interiores que vemos hoy son fruto de las reformas que se llevaron a cabo años después.
Es de destacar que su interior, concretamente el altar mayor, fue el lugar elegido por Fernán Pérez de Andrade para colocar su tumba. Hoy en día se sitúa a los pies del templo, de modo que se puede contemplar desde todas sus caras. Junto a él deberíamos haber tenido a su esposa Sancha, pero el señor de Andrade se casó tras la muerte de su primera esposa, por lo que la tumba de Sancha fue retirada de su lugar de honor. Actualmente se encuentra en el Museo das Mariñas, lamentablemente no contamos con la tapa donde estaría representada la noble. Como curiosidad, sabemos que antes de ser musealizada fue utilizada como abrevadero para los caballos de la Guardia Civil.
Esta iglesia tiene horarios de visita y cobran entrada por la visita al interior.
Dejo al de informacioón extra disponible en YouTube del proyecto Betanzos Capital:
As Revoltas Irmandiñas
Quén foi Fernán Pérez de Andrade?