Skip to content

Xerión #15 ☠️ Mystery Cache

Hidden : 3/15/2024
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Un día de verán en 2021 apareceu unha caveira sobre dúas tibias cruzadas nunha parede de A Coruña. Pouco despois apareceu outra. E logo outra. Todas sen firma. A figura, feita en estilo pixel art con teselas azuis e brancas, non era descoñecida pra os veciños.

Según a lenda, Hércules enfrontouse no seu décimo traballo a un rei xigante e tiránico. Venceuno despois de tres días de loita e enterrou a súa cabeza no lugar da batalla, un verde promontorio á beira do Atlántico. Sobre o sepulcro, o heroe fixo construir unha torre cun gran facho no cume, e arredor dela naceu A Coruña. O xigante chamábase Xerión, e pese a súa derrota ocupou dende sempre un lugar no escudo coruñés. Agora agromou da terra pra reinar sobre os muros da cidade, e non pasou inadvertido.

"O underground, literalmente, que sae de debaixo da Torre", proclama a conta de Twitter @xerioxerion, principal vía de comucación do autor. Nela publica fotos das súas obras acompañadas de pequenas frases, e tamén comparte con agarimo as que a xente lle fai chegar. Nunca falou coa prensa nin desvelou  o seu nome, fiel ao espírito anónimo de outros artistas urbáns internacionais cos que se lle compara, como Invader ou Banksy.

Na rúa, os mosaicos multiplicáronse en cuestión de semanas, case ao ritmo da curiosidade cidadá. Mais pasou pouco tempo ata que se comezaron a ver operarios do concello arrasando as obras cunha estraña eficiencia, deixando claro que non se trataba de ningunha campaña publicitaria nin de un novo proxecto por parte dos organismos municipais; a cousa viña de máis abaixo. Un dos casos de maior polémica foi o dun Xerión creado únicamente cun cepillo, limpando a suciedade dalgunhas das baldosas dunha escaleira; eliminárono en cuestión de horas. "¿E se enchemos as rúas de Xerións? Tal vez sexa a forma de que limpen determinadas zonas da cidade.", comentaba un usuario debaixo da noticia.

Esta caza de meigas quedou plasmada no videoxogo Xerión Invaders, no que tomas os mandos do Palacio Municipal de María Pita pra aniquilar a tódolos Xerións que aparecen ao teu paso. (Ollo, se botas unha partida que sexa por pura diversión; isto non é un Adolficus 😂).

Como se podía prever, a retirada inicial das obras provocou un efecto Streisand. A prensa fíxose eco. Creouse o afamado hashtag #freexerion, comezáronse a replicar caveiras en todo tipo de materiais e formatos, colgáronse tutoriais, ofrecéronse talleres, respaldárono negocios e asociacións e tamén se lle adicou un feixe de cachés nun concello veciño; a figura do autor orixinal desdibuxouse un chisco máis e a obra pasou a pertencer ao pobo.

Xerión apela á relevancia do vencido, o perdedor soterrado, o que non escribe a historia. É unha obra creativa, mais tamén política; e iso conleva críticas inevitables. Algunhas voces conservadoras erguéronse contra o seu espírito disidente. Pola contra, o tempo modificou a postura do Concello. Fontes municipais atribúen hoxe a retirada inicial dos mosaicos a "un error", e dicen de xeito oficial que se están a estudar "posibles medidas pra potenciar e difundila imaxe coma un símbolo da cidade, en liña co espírito da Coruña e coa súa vocación de cidade da cultura, do deseño e da vanguardia".

Polo de agora pouco cambiou. O único que está claro é que dun xeito ou doutro, Xerión aguantará.

Como ben resume Marga Tojo, Xerión é un fenómeno artístico, unha intervención cultural que emprega diversas técnicas de creación e un proxecto de interacción coa cidadanía nos espazos urbanos coruñeses, con vocación colectiva. Xerión actúa sobre a xeometría natural do ladrillo e en superficies en mal estado. É un antiheroe saído do emblema da Torre de Hércules. Coida a identidade, é un símbolo da veciñanza coruñesa e esperta simpatía. Xerión son mosaicos con teselas e con píxeles. Viste morado no 8M, le na porta da libraría, vai de choqueiro no entroido, maniféstase pola diversidade afectiva, apoia proxectos culturais ou leva ao estudantado da UDC a recrealo nun 3D de 2 metros de alto. Xerión é un código QR, un debuxo no chan que alerta dun obstáculo, unha imaxe branca que aparece entre o musgo. Xerión é un poema visual. Xerión fala galego. Xerión é borrado, mais asemella que sempre agroma.

 

Un día de verano de 2021 apareció una calavera sobre dos tibias cruzadas en una pared de A Coruña. Poco después apareció otra. Y luego otra. Todas sin firma. La figura, hecha en estilo pixel art con teselas azules y blancas, no era desconocida para los vecinos.

Según la leyenda, Hércules se enfrentó en su décimo trabajo a un rey gigante y tiránico. Lo venció después de tres días de lucha y enterró su cabeza en el lugar de la batalla, un verde promontorio a orillas del Atlántico. Sobre el sepulcro, el héroe hizo construir una torre con una gran antorcha en la cima, y alrededor de ella nació A Coruña. El gigante se llamaba Gerión, y pese a su derrota ha ocupado desde siempre un lugar en el escudo coruñés. Ahora ha brotado de la tierra para reinar en los muros de su ciudad, y no ha pasado inadvertido.

"Lo underground, literalmente, que sale de debajo de la Torre", proclama la cuenta de Twitter @xerionxerion, principal vía de comunicación del autor. En ella publica fotos de sus obras acompañadas de pequeñas frases, y también comparte las que la gente le hace llegar. Nunca habló con la prensa ni desveló su nombre, fiel al espíritu anónimo de otros artistas urbanos internacionales con los que se le compara, como Invader o Banksy.

En la calle, los mosaicos se multiplicaron en cuestión de semanas, casi al ritmo de la curiosidad ciudadana. Pero pasó poco tiempo hasta que se empezaron a ver operarios del ayuntamiento arrasando las obras con una inusual eficiencia, dejando claro que no se trataba de ninguna campaña publicitaria ni de un nuevo proyecto por parte de los organismos municipales; la cosa venía de más abajo. Uno de los casos de mayor controversia fue el de un Xerión creado únicamente con un cepillo, sacando la suciedad de algunas de las baldosas de una escelera; lo eliminaron en cuestión de horas. "¿Y si llenamos las calles de Xeriones? Tal vez sea la forma de que limpien determinadas zonas de la ciudad.", comentaba un usuario bajo la noticia.

Esta caza de brujas quedó plasmada en el videojuego Xerión Invaders, en el que te pones al mando del Palacio Municipal de María Pita para aniquilar a todos los Xeriones que aparecen a tu paso. (Ojo, si echas una partida que sea por pura diversión; ésto no es un Adolficus 😂).

Como era previsible, la retirada inicial de las obras provocó un efecto Streisand. La prensa se hizo eco. Se creó el afamado hashtag #freexerion, se empezaron a replicar las calaveras en todo tipo de materiales y formatos, se colgaron tutoriales, se ofrecieron talleres, lo respaldaron negocios y asociaciones y también se le dedicó un puñado de cachés en un ayuntamiento vecino; la figura del autor original se desdibujó un poco más y la obra pasó a pertenecer al pueblo.

Xerión apela a la relevancia del vencido, el perdedor enterrado, el que no escribe la historia. Es una obra creativa, pero también política; y eso conlleva críticas inevitables. Algunas voces conservadoras se elevaron contra su espíritu disidente. En cambio, el tiempo ha modificado la postura del Ayuntamiento. Fuentes municipales achacan hoy la retirada inicial de los mosaicos a “un error”, y dicen de forma oficial que se están estudiando “posibles medidas para potenciar y difundir la imagen como un símbolo de la ciudad, en línea con el espíritu de A Coruña y con su vocación de ciudad de la cultura, el diseño y la vanguardia”.

Por lo pronto poco ha cambiado. Lo único que está claro es que de una forma u otra, Xerión aguantará.

Como bien resume Marga Tojo, Xerión es un fenómeno artístico, una intervención cultural que usa diversas técnicas de creación y un proyecto de interacción con la ciudadanía en los espacios urbanos coruñeses, con vocación colectiva. Xerión actúa sobre la geometría natural del ladrillo y en superficies en mal estado. Es un antihéroe salido del emblema de la Torre de Hércules. Cuida la identidad, es un símbolo de vecindad coruñesa y despierta simpatía. Xerión son mosaicos de teselas y de píxeles. Viste de morado en el 8M, lee en la puerta de la librería, se disfraza en carnaval, se manifiesta por la diversidad afectiva, apoya proyectos culturales o lleva a los estudiantes de la UDC a recrearlo en un 3D de 2 metros de alto. Xerión es un código QR, un dibujo en el suelo que te avisa de un obstáculo, una imagen blanca que aparece entre el musgo. Xerión es un poema visual. Xerión habla gallego. Xerión es borrado, pero parece que siempre renace.

 

 
 
 

Additional Hints (Decrypt)

🪨🕳️

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)