A igrexa e o seus arredores
A igrexa de San Pedro, no núcleo histórico de Bande, construíuse no século XVIII. É de estilo barroco, pero a pesar diso, presenta uns muros sinxelos e con pouca decoración. A súa planta é de cruz latina, con fortes muros. As cubertas empregan diferentes tipos de bóvedas: de canón e de aresta. No seu interior poden observarse diferentes altares e retablos tamén barrocos. No exterior linda coa casa reitoral na que se pode observar un escudo que fai referencia á pertenza da igrexa ó mosteiro de San Salvador de Celanova.
A praza foi mellorada a finais da primeira década do século XXI. Nela existe unha fonte dos anos 80, un cruceiro barroco e sobre todo sobreviven tres xigantescos e centenarios carballos que forman unha fileira ata o templo. Estes son parte dunha lenda que nos conta que foron plantados polos monxes nos séculos pasados co fin de mostrar ós veciños a mellor época para plantar diferentes cultivos. Cando florece o carballo do medio é o tempo para plantar patacas. Con quince días de diferenza florecerá o carballo de máis ao norte. Isto significa que o millo xa pode ser plantado. Por último, cando florece o do sur será bo momento para as fabas. Outras historias cóntannos que aquí existía a capela de San Roque e que xunto a ela realizábase un gran mercado, polo que foron plantados con motivo de dar sombra ó recinto.

Imaxes e información: Galicia Máxica, Geodestino Terra de Celanova - Serra do Xurés.
O Multi
Para conseguir as coordenadas finais, deberás visitar tódolos waypoints e neles atopar os seguintes datos; se hai un con dous ou máis díxitos, redúceo a un díxito; (567=> 5+6+7= 18=> 1+8=9):
- A= Ano nos azulexos.
- B= Na porta lateral cun arco de medio punto, atoparás unha chor insculpida na pedra. Número de pétalos.
- C= Número de contrafortes no lado sur.
- D= Número de ousias.
Despois de obter os datos, deberás resolver a seguinte fórmula e introducir as coordenadas en Certitude:
N42 0(C-2).(B)(B+1)(C+6) W007 (A+1)(2A).(D+2)(B)(B)
O caché non contén material de escritura, polo que precisa dun bolígrafo, selo ou lapis para poder firmalo.
Comeza con:
- Logbook
- Woodcoins (2)
- Obxectos de troco
Podes validar a solución ó teu puzzle con
certitude.