Traducción automática - castellano Machine translation - English
A canción “Brothers in Arms” forma parte do álbum homónimo lanzado en 1985, o quinto de Dire Straits. Foi un traballo pioneiro en ser gravado en formato CD e un dos álbums máis vendidos de toda a historia.
O álbum “Brothers in Arms” deixou un legado duradeiro pola súa capacidade para abordar temas profundos e universais cunha sensibilidade e madurez notables. É un recordatorio poderoso da humanidade compartida en tempos de división e conflito, e a súa mensaxe de paz e unidade segue a ser tan relevante hoxe como o foi no seu lanzamento.

O tema está inspirado na Guerra das Malvinas entre Argentina e o Reino Unido en 1982, unha guerra absurda, corta e letal na que se afundiron barcos, se derrubaron avións e se estiveron matando dous exércitos. Pero a canción é deliberadamente ambigua, permitíndolle falar sobre o absurdo de tódolos conflitos bélicos.

A letra da canción evoca imaxes de paisaxes naturais que se converteron en escenarios de conflito e destrución, contrastando a beleza da contorna coa brutalidade do combate. A voz pona un soldado moribundo que describe aquel peculiar campo de batalla, as montañas cubertas de néboa, propias do Atlántico Sur, mentres é consciente de que vai morrer sabendo que os seus compañeiros superviventes axiña voltarán aos seus vales e facendas. Os teclados axudan a debuxar o ambiente nebuloso daquela guerra mentres que a beleza dos solos de guitarra dan un perfecto contrapunto ao horror que nos están a contar.

O verso final é tráxico: “Agora o sol vaise ao inferno; a lúa érguese; deixádeme que me despida de vós. Todo home debe morrer. Somos parvos ao facer a guerra cos nosos irmáns en armas”. Unha alegación antibélica xusto antes de morrer tralo combate.

Brothers in Arms
These mist covered mountains
Are a home now for me
But my home is the lowlands
And always will be
Some day you'll return to
Your valleys and your farms
And you'll no longer burn
To be brothers in arms
Through these fields of destruction
Baptism of fire
I've witnessed your suffering
As the battles raged higher
And though they did hurt me so bad
In the fear and alarm
You did not desert me
My brothers in arms
There's so many different worlds
So many different suns
And we have just one world
But we live in different ones
Now the sun's gone to hell
And the moon's riding high
Let me bid you farewell
Every man has to die
But it's written in the starlight
And every line on your palm
We're fools to make war
On our brothers in arms
Irmáns de armas
Estas montañas envoltas en néboa
Son agora o meu fogar
Mais a miña terra é a chaira
E sempre o será
Un día voltarás
Aos teus vales e ás túas leiras
E xa non arderás no desexo
De ser irmán de armas
Por estes campos de destrución
Bautismo de lume
Vin o teu sufrimento
Mentres a batalla ruxía
E aínda que me feriron de morte
No medo e no pavor
Ti non me abandonaches
Meus irmáns de armas
Hai tantos mundos distintos
Tantos soles a brillar
Mais só temos un mundo
E vivimos en mundos separados
Agora o sol caeu no inferno
E a lúa sobe no ceo
Déixame dicirche adeus
Pois todo home debe morrer
Mais está escrito nas estrelas
E en cada liña da túa man
Somos tolos por facer a guerra
Contra os nosos irmáns de armas
E queda eiqui o que para moitos é como a mellor interpretación de esta canción Brother`s in Arms Mandela concert
Fontes: Cadena Ser Letras.com Knopflertk quaderno
O caché: Para obter as coordenadas finais debes atopar na seguinte sopa de letras, 7 palabras da letra orixinal en inglés de 6 ou máis letras. Están todas en horizontal.

Despois, coa terceira letra das mesmas, tés que ordenalas para formar un coñecido lema en inglés e introducilo no certitude. Dúas palabras en maíusculas e sen espazo entre elas.
Puedes validar la solución a tu puzzle con Certitude