Skip to content

Gneis. Unha pegada da colisión continental EarthCache

Hidden : 8/14/2025
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1 out of 5

Size: Size:   other (other)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Castellano (Traducción automática)                 English (Machine translation)


A palabra gneis vén do alemán e significa “brillar”, polo seu aspecto lustroso. O gneis é unha rocha que nos fala dos movementos da codia terrestre, das presións e temperaturas extremas que moldearon o noso planeta. As rochas que tes diante teñen 462 millóns de anos e pertencen ao complexo de Malpica-Tui, unha unidade xeolóxica que sufriu non un, senón varios episodios de metamorfismo. O primeiro e máis importante produciuse durante a colisión entre Gondwana e os continentes do norte, entre os cales estaba Laurentia, nun proceso tectónico de enorme escala coñecido como Oroxénese Varisca. Estes gneis que hoxe vemos en Ponteceso son a pegada visible dese choque continental que remodelou a superficie do noso planeta hai centos de millóns de anos. Tempo de lectura 3-4 min.

ATENCIÓN: Antes de rexistrar, por favor, envíame primeiro as túas respostas. Unha vez enviadas, podes rexistralo. Comprobarei que sexan correctas e, se hai algún problema, avisareite. As entradas sen respostas previas serán eliminadas sen previo aviso, do mesmo xeito que as fotos que revelen algunha resposta.

PREGUNTAS

1.- Se liches o texto xa saberás que o gneis é unha rocha metamórfica, é dicir, formada a partir doutra rocha preexistente.

Cal cres que foi a rocha orixinal ou protolito deste gneis?

Trátase entón dun paragneis ou dun ortogneis?

2.- Baixo que condicións de temperatura e presión se forma o gneis e a que profundidade equivale isto?

OBSERVACIÓN

4.- Nas coordenadas indicadas atoparás unha parede da antiga canteira. Achégate e observa o gneis: fíxate nas súas bandas orientadas. Agora compara o aspecto do gneis da parede coas rochas que aparecen na seguinte foto e responde:

O gneis da parede coincide con A, B ou C?

As tres rochas que aparecen na foto son todas gneis ou hai algunha diferente?

É necesaria unha foto túa ou do teu nome nas coordenadas coa parede

Non reveles as respostas

 

Que é exactamente un gneis? 

O gneis é unha rocha metamórfica, o que significa que se formou a partir doutra rocha preexistente (como o granito, rochas sedimentarias ou incluso outras metamórficas) digamos que foi recristalizada baixo condicións extremas. Cando as rochas son enterradas a grandes profundidades (entre 15 e 30 km) ou son esmagadas polos movementos das placas tectónicas, a calor e a presión transforman os seus minerais, creando unha nova rocha con características únicas: bandas claras e escuras, cristais visibles e un brillo sedoso. 

Protolito. De que rocha vén o gneis?

O gneis sempre parte dunha rocha previa. Cando a rocha orixinal é magmática, como o granito, o resultado denomínase ortogneis. Se a súa orixe está en rochas sedimentarias, como arxilas ou areniscas, fálase de paragneis. No caso de que proceda dunha rocha metamórfica anterior, como os xistos ou mesmo outros gneis, fálase dun gneis de orixe polimórfica. O gneis obxecto deste caché é un ortogneis.

Metamorfismo. Que condicións necesita o gneis para formarse?

O gneis fórmase baixo condicións de forte presión e altas temperaturas. No caso dun ortogneis, o protolito adoita ser unha rocha ígnea plutónica, como o granito, que queda sometida a temperaturas próximas aos 600–750 °C e presións de entre 4 e 10 kbar, equivalentes a uns 15–30 km de profundidade. Nesas condicións, a rocha comprímese e quéntase sen chegar a fundirse. Cando a presión é dirixida —por exemplo, durante a colisión de dous continentes— os minerais reorganízanse en capas alternas, dando lugar á típica xistosidade gneísica.

Mineraloxía. Que minerais compoñen o ortogneis?

O ortogneis, que procede dunha rocha ígnea plutónica como o granito, ten os mesmo minerais que o granito, así as bandas claras están formadas principalmente por feldespatos (ortosa e plaxioclasa) e seixo, mentres que as bandas escuras conteñen minerais máficos como biotita e hornblenda. En condicións de metamorfismo máis intenso poden aparecer tamén granates ou minerais como a fenxita, que sinalan unha maior presión durante a formación da rocha.

Estrutura. Como recoñecer un gneis?

  1. Totalmente cristalino: Toda a rocha está recristalizada, e os cristais adoitan ser visibles a simple vista.
  2. Brillo característico: Provén principalmente das micas; se a biotita  (de cor negra) é maioritaria o brillo será escuro e sutil.
  3. Xistosidade: Minerais aliñados en bandas ou láminas paralelas.
  4. Compacta: Sen cavidades ou poros.
  5. Sen fósiles: As altas presións e temperaturas destrúen calquera resto orgánico.
  6. Rotura irregular: Non ten superficies de exfoliación lisas como os minerais perfectos.
  7. Forma de montañas suaves: Debido á súa resistencia e plasticidade durante a deformación tectónica.

 

Canteira Santa Cristina, Ponteceso

A canteira Santa Cristina, situada no concello de Ponteceso (A Coruña), traballaba o ortogneis de Borneiro, pertencente á Unidade de Malpica-Tui. Hoxe xa non está en explotación.

A rocha extraída era un gneis biotítico de grao fino a medio, de cor gris clara e gran dureza, con cristais de feldespato potásico rosado de ata 1 cm, orientados segundo a foliación. Presenta tamén veas de seixo aliñadas coa xistosidade, desde pequenas (0,5 cm) ata filóns máis grandes de ata 20 cm.

A zona superficial do macizo mostra unha alteración de cor avermellada ou laranxa, debido á oxidación dos minerais máficos, con espesor de ata 6 metros, material que se empregaba para a fabricación de grava.

 

Fontes:   MAGNA50 Folla 43     Walter Schumann, Guía de rocas y minerales (Barcelona: Omega, 2004)

 

Additional Hints (No hints available.)