Skip to content

XOSÉ CID III _ Monumento á familia labrega Traditional Cache

Hidden : 9/29/2025
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
2 out of 5

Size: Size:   regular (regular)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Xunto a Taboadela atópase un pequeno montículo de 453 m de altura coñecido popularmente como Alto de San Xoan aínda que oficialmente é o Monte do Castro. Este nome indica a presenza de restos, hoxe non visibles, dun posible asentamento castrexo. Anterior a este asentamento, podemos ver uns pequenos petróglifos nunha pedra.

O Monte do Castro de Taboadela é agora unha área recreativa cun gran monumento dedicado á familia, erixido en 1994 por un escultor veciño do concello de Taboadela, Xosé Cid. Dende o cumio, hai moi boas vistas do val da Rabeda. Preto do outeiro está a sinxela capela de San Xoán.

Monumento á familia

Vistas

O monumento á familia é unha escultura de 4 metros de alto e casi 50 toneladas de peso que representa a unha parella de labregos coas suas ferramentas de traballo e un neno no colo. Foi creada fai trinta anos para homenaxear as familias. 

Monumento

Traxectoria do artista
Nado en Santa Cruz da Rabeda, comeza a súa andaina de maneira autodidacta a finais dos anos sesenta sen adscribirse a escola ou grupo algún. Traballa co barro, madeira, pedra, mármore e bronce como elementos principais que dan a entender unha escultura que trata de superar a plástica figurativa cara a unhas formas sintéticas. 

Ten feito unha importante cantidade de obra pública, das que poden destacarse o monumento a Breogán nos arredores da Torre de Hércules en A Coruña; o monumento a Concepción Arenal en Ferrol; a San Rosendo en Ourense e moitos outros monumentos e bustos espallados por Galicia de destacados escritores, coma Eduardo Blanco Amor, Carlos Casares ou Otero Pedrayo. Ten obra en importantes coleccións privadas e públicas. 

Obras

A evolución da súa obra ata hoxe o conforma coma unha das figuras máis salientables da escultura galega dos últimos cincuenta anos.

Nunha entrevista que lle fixo o periódico local "La Región" dixo que cando era moi pequeno e empezou a tallar e a buscarse a vida como aprendiz, o que máis lle gustaba era facer figuras, cabezas de guerreiros. 

Xose Cid

Additional Hints (Decrypt)

Anf crqenf.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)