Camiño deste caché non terás que fixarte moito pra localizar coios; hainos a moreas, cravados no propio sendeiro e ladeira arriba. Velos camiñando xunto a auga do Miño, polo que nun principio non resulta algo estraño, pero ten en conta que antes da construción do encoro de Velle o leito do río ía metros máis abaixo, sendo inexistente na zona das coordendas. ¿Como chegaron alí entonces?, o xeólogo Eduardo González Clavijo deixao entrever no seguinte mapa.
Nel podemos ver que nos atopamos nun punto polo que discorría o Miño fai miles de anos. Este rodeaba o Monte Ludeiro, pasando pola chaira que hai por detrás do que agora é A Carballeda. Co paso do tempo, a medida que se foi encaixando no val por medio da erosión, "cortou" esta curva, xerando un leito máis recto; este fenómeno chámase meandro abandonado.
Esto explica a presenza de terrazas fluvias en todo o Ludeiro, que lembremos que antes da construción do encoro situábase a máis de 200 m de distancia do leito do río; daquela tiña que ser aínda máis desconcertante ver tantos coios alí arriba!
É moi interesante saber tamén que os romanos xa foron quen de interpretar esto, como demostran as cicatrices que deixaron as súas explotacións mineiras na zona.