Skip to content

Estadio de Pasarón Traditional Cache

Hidden : 11/14/2025
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   other (other)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Hai que roelo!

 

O Pontevedra CF é o clube de fútbol da cidade de Pontevedra; actualmente milita na 1RFEF, ainda que tivo momentos brillantes na súa historia. Nado coma fusión de dous clubes da cidade, o Eiriña e o Alfonso CF, a súa fundación data do 28 de decembro de 1941, día no que se enfronta ao RC Celta de Vigo.

 

No ano 1963 consigue ascender a 1ª División, onde permanece 6 anos, sendo dende logo o maior éxito do clube. Nestes anos colle sona de equipo difícil de bater, e de aí o coñecido lema de "Hai que roelo", debido aos apretos aos que sometía a equipos da talla do RMadrid. 

 

O Pontevedra ten arredor de 2300 socios nesta temporada, e conta entre os seus siareiros con varias agrupacións que se ubican neste Fondo Norte. A súa casa sempre foi o estadio de Pasarón,no barrio do Burgo, onde nos atopamos agora. A última reforma data de 2010, cando se tiran e constrúen dende cero as diferentes bancadas e se reduce a súa capacidade a 12500 localidades; o resultado é un campo uniforme, de liñas sinxelas, que lembran ao estadios ingleses clásicos.

Pode que o momento do Pontevedra xa pasara fai décadas, pero aí queda nas hemerotecas.

Apoia ao equipo da túa cidade, e lembra...hai que roelo!

Additional Hints (Decrypt)

Sbaqb Abegr

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)