Para resolver este caché terás ler a descrición dos cachés da serie: Os carpinteiros cos pés mollados, están numerados do 1 ao 26. Para conseguir as coordenadas finais tes que atopar, entre as palabras das descricións as que conteñen un número, só serven as que están incluídas na descrición do caché. Dos 26 cachés da serie só a metade inclúe unha única palabra con un número asociado, polo tanto hai que atopar 13 palabras.
Cando leas as descricións e atopes unha palabra con un número terás que anotar o número asociado á palabra e a que caché corresponde, ao final consegues 13 números en 13 cachés. Terás que ordenar os números das palabras en función do número do caché no que aparece, a orde dos cachés é de menor a maior.
Por exemplo, no caché:
4. A réplica da Santa María atopas a palabra que leva un 3. No caché:
9. Outros pequenos estaleiros atopas a palabra que leva un 8, no
19. Punta Tavilo a que leva un 5 e así ata completar os trece números.
Cando xa teñas todos, formas un número de trece cifras na orde do número dos cachés en que aparecen, seguindo co exemplo, o número asociado aos cachés de menor a maior é o caché 4, o 9 e o 19, polo tanto a orde dos números atopados é: 385
Podes comprobar a solución con Certitude.

Todos os cachés da ruta dos carpinteiros cos pés mollados