Skip to content

Sarela 04. Curtidoiro das Casas do Rego Traditional Geocache

Hidden : 3/15/2013
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Galego        Castellano       

Curtidoiro das Casas do Rego

O florecemento dos curtidoiros en Compostela vén dado da man dun feixe de mestres curtidores vasco-franceses, chegados desde finais do século XVIII. O curtidoiro das Casas do Rego (1791-1959), fundada por Juan Elizalde é a primeira estadía pola que pasan moitos deles. A entidade do edificio destinado a vivenda e oficinas revela a importancia que tivo na época.

O proceso de curtido

Os labores de curtido mantivéronse invariables durante décadas, de xeito totalmente artesanal, seguindo un proceso de lenta transformación que se prolongaba durante meses. Esquematicamente o proceso é o seguinte:

1. Os labores de ribeira. A preparación previa das peles supuña a súa inmersión en augas con cal apagada, nos chamados pelamios, para abrir os poros e facilitar a súa limpeza. Seguidamente procedíase ao pelado e escarnado do coiro. Para iso empregábanse uns coitelos especiais cos que se eliminaba o pelo, restos de carne e outros residuos.

2. O caldeo. Antes do curtido, a pel tratábase mergullándoa na canina, excrementos de can ou galiña mesturados con auga que axudaban a eliminar os restos de cal. Logo pasaba de novo por outros píos cúbicos cheos de auga con diversos graos de acidez. Así quedaba limpa e preparada para o curtido.

3. A mudanza. O elemento chave para o curtido tradicional é o tanino, substancia que nesta zona se extraía de cote da casca do carballo. Novamente en pozos chamados noques ou asentos, acumulábanse as peles sobre capas alternas de casca moída e cubertos de auga. Aquí permanecían varios meses, mergullados primeiro coa parte que antes tivo o pelo cara arriba e dándollela volta nun segundo asento. Ao final deste proceso que podía chegar aos 10 meses para os de maior grosor, xa se pode falar de coiro, agora falta o acabado.

4. A remata. As peles xa curtidas volvían lavarse e pendurábanse en locais amplos e mazábanse con martelos de madeira para uniformar e compactar a superficie. Os coiros máis brandos requirían de outro tratamento de remate máis elaborado, para darlle flexibilidade, resistencia e maleabilidade untábanse con graxa de sardiña, o chamado saín, obtendo así un coiro co brillo e tacto desexados.

Información obtida en: Buxa Asociación Galega de Patrimonio Industrial e no libro Os Oficios de Xaquín Lourenzo.


Geocaching polo Sarela, Granxa do Xesto e Selva Negra

Esta serie está deseñada para percorrer o Paseo do río Sarela, ir camiñando ata a Granxa do Xesto no Pedroso e baixar pola Selva Negra para chegar ao punto de partida. O percorrido total é de uns 12km. Para facer o percorrido completo podes consultar o track neste enlace de Wikiloc: Geocaching polo Sarela, Granxa do Xesto e Selva Negra o rexistro para poder descargalo é gratuíto. A continuación podes ver unhas fotos da ruta: Fotos polo Sarela, Granxa do Xesto e Selva Negra

ATENCIÓN:

Os WP iniciais dos mystery non gardan relación coa resolución dos mesmos, só serven como punto de paso indicativo do camiño a seguir. Para resolvelos hai que percorrer como mínimo o tramo no que están os paneis informativos ao principio da ruta. Cada mystery inclúe os WP correspondentes aos paneis necesarios para resolvelo.

  1. Sarela 01. O bosque de ribeira
  2. Sarela 02. Os muíños do Sarela
  3. Sarela 03. Fauna
  4. Sarela 04. Curtidoiro das Casas do Rego
  5. Sarela 05. Lavadoiros e lavandeiras
  6. Sarela 06. As pontes do Sarela
  7. Sarela 07. O río Sarela e o rego do Corgo
  8. Sarela 08. Ponte do Asén
  9. Sarela 09. Lavadoiros de Santa Isabel
  10. Sarela 10. Un río troiteiro
  11. Sarela 11. Ameneiro (alnus glutinosa)
  12. Sarela 12. Organización horizontal
  13. Sarela 13. As ferramentas dos peleteiros
  14. Sarela 14. Leiras e hortas
  15. Sarela 15. Outras árbores da ribeira
  16. Sarela 16. Curtidoiro da Pontepedriña
  1. Sarela 17. Loureiro
  2. Sarela 18. Muíños de auga
  3. Sarela 19. Merlo rieiro
  4. Cara o Xesto 01. O paporroibo
  5. Cara o Xesto 02. Carrabouxa
  6. Cara o Xesto 03. Trametes versicolor
  7. Cara o Xesto 04. Especies invasoras
  8. Cara o Xesto 05. A traída da auga
  9. No Xesto 01. Souto de castiñeiros
  10. No Xesto 02. Minas de auga
  11. No Xesto 03. O parque
  12. Selva Negra 01. O parque
  13. Selva Negra 02. A carballeira e a fonte
  14. Cara o Sarela 01. A vacaloura
  15. Cara o Sarela 02. Ponte Sarela

Galego        Castellano       

Curtiduría de As Casas do Rego

El florecimiento de las curtidurías en Compostela viene de la mano de un grupo de maestros curtidores vasco-franceses, llegados desde finales del siglo XVIII. La Curtiduría de As Casas do Rego (1791-1959), fundada por Juan Elizalde es el primer estadio por el que pasan muchas de ellas. La entidad del edificio destinado la vivienda y oficinas revela la importancia que tuvo en la época.

El proceso de curtido

Las labores de curtido se mantuvieron invariables durante décadas, de manera totalmente artesanal, siguiendo un proceso de lenta transformación que se prolongaba durante meses. Esquematicamente el proceso es el siguiente:

1. Las labores de ribera. La preparación previa de las pieles suponía su inmersión en agua con cal apagada, en los llamados pelamios, para abrir los poros y facilitar su limpieza. Seguidamente se procedía al pelado y escarnado del cuero. Para eso se empleaban unos cuchillos especiales con los que se eliminaba el pelo, restos de carne y otros residuos.

2. El caldeo. Antes del curtido, la piel se trataba sumergiéndola en la canina, excrementos de perro o gallina mezclados con agua que ayudaban a eliminar los restos de cal. Luego pasaba de nuevo por otros pilones cúbicos llenos de agua con diversos grados de acidez. Así quedaba limpia y preparada para el curtido.

3. La mudanza. El elemento clave para lo curtido tradicional es el tanino, substancia que en esta zona se extraía a menudo de la cáscara del roble. Nuevamente en pozos llamados noques o asientos, se acumulaban las pieles sobre capas alternas de cáscara molida y cubiertos de agua. Aquí permanecían varios meses, sumergidos primero con la parte que antes tuvo el pelo hacia arriba y dándosele la vuelta en un segundo asiento. Al final de este proceso que podía llegar a los 10 meses para los de mayor grosor, ya se puede hablar de cuero, ahora falta el acabado.

4. El remate. Las pieles ya curtidas se volvían a lavar y se colgaban en locales amplios y se golpeaban con martillos de madera para uniformar y compactar la superficie. Los cueros más blandos requerían de otro tratamiento final más elaborado, para darle flexibilidad, resistencia y maleabilidad se untaban con grasa de sardina, el llamado salí, obteniendo así un cuero con el brillo y tacto deseados.

Información obtenida en: Buxa Asociación Galega de Patrimonio Industrial y en el libro Os Oficios de Xaquín Lourenzo.


Geocaching por el Sarela, Granxa do Xesto y Selva Negra

Esta serie está diseñada para recorrer el Paseo del río Sarela, ir caminando hasta la Granxa do Xesto en el Pedroso y bajar por la Selva Negra para llegar al punto de partida. El recorrido total es de unos 12km. Para hacer el recorrido completo puedes consultar el track en este enlace de Wikiloc: Geocaching por el Sarela, Granxa do Xesto y Selva Negra el registro para poder descargarlo es gratuíto. A continuación puedes ver unas fotos de la ruta: Fotos polo Sarela, Xesto e Selva Negra

ATENCIÓN:

Los WP iniciales de los mystery no guardan relación con la resolución de los mismos, sólo sirven como punto de paso indicativo del camino a seguir. Para resolverlos hay que recorrer como mínimo el tramo en el que están los paneles informativos al principio de la ruta. Cada mystery incluye los WP correspondientes a los paneles necesarios para resolverlo.

  1. Sarela 01. O bosque de ribeira
  2. Sarela 02. Os muíños do Sarela
  3. Sarela 03. Fauna
  4. Sarela 04. Curtidoiro das Casas do Rego
  5. Sarela 05. Lavadoiros e lavandeiras
  6. Sarela 06. As pontes do Sarela
  7. Sarela 07. O río Sarela e o rego do Corgo
  8. Sarela 08. Ponte do Asén
  9. Sarela 09. Lavadoiros de Santa Isabel
  10. Sarela 10. Un río troiteiro
  11. Sarela 11. Ameneiro (alnus glutinosa)
  12. Sarela 12. Organización horizontal
  13. Sarela 13. As ferramentas dos peleteiros
  14. Sarela 14. Leiras e hortas
  15. Sarela 15. Outras árbores da ribeira
  16. Sarela 16. Curtidoiro da Pontepedriña
  1. Sarela 17. Loureiro
  2. Sarela 18. Muíños de auga
  3. Sarela 19. Merlo rieiro
  4. Cara o Xesto 01. O paporroibo
  5. Cara o Xesto 02. Carrabouxa
  6. Cara o Xesto 03. Trametes versicolor
  7. Cara o Xesto 04. Especies invasoras
  8. Cara o Xesto 05. A traída da auga
  9. No Xesto 01. Souto de castiñeiros
  10. No Xesto 02. Minas de auga
  11. No Xesto 03. O parque
  12. Selva Negra 01. O parque
  13. Selva Negra 02. A carballeira e a fonte
  14. Cara o Sarela 01. A vacaloura
  15. Cara o Sarela 02. Ponte Sarela

Additional Hints (Decrypt)

Á rfdhreqn qb punamb qn cbagr # N yn vmdhvreqn qry rfpnyóa qry chragr # Gb gur yrsg bs gur oevqtr fgrc

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)