Skip to content

Selva Negra 01. O parque Traditional Cache

Hidden : 3/15/2013
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   micro (micro)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Galego        Castellano       

O parque da Selva Negra

A historia deste parque comeza no século XVII cando por orde do Concello a veciñanza das parroquias de Marrozos, Aríns e o Eixo plantaron nesta zona uns carballos, xunto a unha fonte chamada de Xián e nese tempo tamén chamada do Cardeal Espínola, para adornala e dar comodidade aos visitantes, pero non foi posible establecer a localización desta fonte. A tradición oral tamén fala da existencia nas proximidades do lugar dunha capela que hoxe en día tampouco se conserva.

A comezos do século XVIII, a Selva Negra era un monte municipal pechado cun valado, onde había labradíos e aproveitamento forestal. Era un dos espazos de lecer preferidos da xente de Compostela, incluso cando pasou a mans privadas no século XIX. A mocidade facía aquí as súas xuntanzas, e había merendas e verbenas ao carón da fonte, pois os propietarios permitiron o libre acceso da veciñanza.

O seu insólito nome ten unha orixe descoñecida que podemos atribuírlle á súa vexetación exuberante, ás románticas ruínas -dunha capela ou vivenda moi antiga- ou ao arredado da súa localización. Rodeada dos labradíos da aldea de Bar, dos agros do Espiño e da Granxa dos Xesto, na Selva Negra a natureza amosaba o seu lado máis agreste.

Tras varios anos de abandono, foi adquirida polo Consorcio de Santiago no ano 2007. O Concello de Santiago acometeu entón un programa de eliminación de especies exóticas e rexeneración dos seus valores naturais. Hoxe a Selva Negra forma xunto coa Granxa do Xesto un extenso espazo verde de máis de 330.000 metros cadrados cunha elevada biodiversidade, diferentes tipos de hábitats (bosques, prados, pequenas zonas de matogueira, cursos de auga) e un singular contido patrimonial.

A vida na auga

A Selva Negra ocupa unha valgada na que se recollen as augas que caen entre as abas do Monte Pedroso e o Monte de San Paio. Estas augas van na maioría polo subsolo, saíndo á superficie na parte sur da finca, onde comeza un regato que morre no río Sarela. Na parte central descubriremos uns grandes furados que corresponden a minas construídas para acondicionar e extraer auga do subsolo. Esta auga empregábase para o rego.

Criaturas dos regatos e das lagoas

Os cursos de auga crean condicións imprescindíbeis para a vida de diferentes especies animais como a rá patilonga (Rana ibérica), que só vive no noroeste peninsular. Malia que crenzas consideran que a píntega (Salamandra salamandra) é un animal daniño, a realidade é que se trata dun ser inofensivo que se alimenta de insectos. Son tamén comúns nos regatos insectos coma o gaiteiro aliazul (Calopteryx virgo)


Geocaching polo Sarela, Granxa do Xesto e Selva Negra

Esta serie está deseñada para percorrer o Paseo do río Sarela, ir camiñando ata a Granxa do Xesto no Pedroso e baixar pola Selva Negra para chegar ao punto de partida. O percorrido total é de uns 12km. Para facer o percorrido completo podes consultar o track neste enlace de Wikiloc: Geocaching polo Sarela, Granxa do Xesto e Selva Negra o rexistro para poder descargalo é gratuíto. A continuación podes ver unhas fotos da ruta: Fotos polo Sarela, Granxa do Xesto e Selva Negra

ATENCIÓN:

Os WP iniciais dos mystery non gardan relación coa resolución dos mesmos, só serven como punto de paso indicativo do camiño a seguir. Para resolvelos hai que percorrer como mínimo o tramo no que están os paneis informativos ao principio da ruta. Cada mystery inclúe os WP correspondentes aos paneis necesarios para resolvelo.

  1. Sarela 01. O bosque de ribeira
  2. Sarela 02. Os muíños do Sarela
  3. Sarela 03. Fauna
  4. Sarela 04. Curtidoiro das Casas do Rego
  5. Sarela 05. Lavadoiros e lavandeiras
  6. Sarela 06. As pontes do Sarela
  7. Sarela 07. O río Sarela e o rego do Corgo
  8. Sarela 08. Ponte do Asén
  9. Sarela 09. Lavadoiros de Santa Isabel
  10. Sarela 10. Un río troiteiro
  11. Sarela 11. Ameneiro (alnus glutinosa)
  12. Sarela 12. Organización horizontal
  13. Sarela 13. As ferramentas dos peleteiros
  14. Sarela 14. Leiras e hortas
  15. Sarela 15. Outras árbores da ribeira
  16. Sarela 16. Curtidoiro da Pontepedriña
  1. Sarela 17. Loureiro
  2. Sarela 18. Muíños de auga
  3. Sarela 19. Merlo rieiro
  4. Cara o Xesto 01. O paporroibo
  5. Cara o Xesto 02. Carrabouxa
  6. Cara o Xesto 03. Trametes versicolor
  7. Cara o Xesto 04. Especies invasoras
  8. Cara o Xesto 05. A traída da auga
  9. No Xesto 01. Souto de castiñeiros
  10. No Xesto 02. Minas de auga
  11. No Xesto 03. O parque
  12. Selva Negra 01. O parque
  13. Selva Negra 02. A carballeira e a fonte
  14. Cara o Sarela 01. A vacaloura
  15. Cara o Sarela 02. Ponte Sarela

Galego        Castellano       

El parque de la Selva Negra

La historia de este parque comienza en el siglo XVII cuando por orden del Ayuntamiento los vecinos de las parroquias de Marrozos, Aríns y O Eixo plantaron en esta zona unos robles, junto a una fuente llamada de Xián y en ese tiempo también llamada del Cardenal Espínola, para adornarla y dar comodidad a los visitantes, pero no fue posible establecer la localización de esta fuente. La tradición oral también habla de la existencia en las cercanías del lugar de una capilla que hoy en día tampoco se conserva.

A comienzos del siglo XVIII, la Selva Negra era un monte municipal cerrado con una valla, donde había tierras de labor y aprovechamiento forestal. Era uno de los espacios de ocio preferidos de la gente de Compostela, incluso cuando pasó a manos particulares en el siglo XIX. La juventud hacía aquí sus reuniones, y había meriendas y verbenas a un lado de la fuente, pues los propietarios permitieron el libre acceso de los vecinos.

Su insólito nombre tiene un origen desconocido que podemos atribuirle a su vegetación exuberante, a las románticas ruinas -de una capilla o vivienda muy antigua- o a lo alejado de su localización. Rodeada de los labradíos de la aldea de Bar, de los campos del Espiño y de la Granxa do Xesto, en la Selva Negra la naturaleza mostraba su lado más agreste.

Tras varios años de abandono, fue adquirida por el Consorcio de Santiago en el año 2007. El Ayuntamiento de Santiago inició entonces un programa de eliminación de especies exóticas y regeneración de sus valores naturales. Hoy la Selva Negra forma junto con la Granxa do Xesto un extenso espacio verde de más de 330.000 metros cuadrados con una elevada biodiversidad, diferentes tipos de hábitats (bosques, prados, pequeñas zonas de matorral, cursos de agua) y un singular contenido patrimonial.

La vida en el auga

La Selva Negra ocupa un pequeño valle en el que se recogen las aguas que caen entre las laderas del Monte Pedroso y el Monte de San Paio. Estas aguas van en su mayoría por el susuelo, saliendo a la superficie en la parte sur de la finca, donde comienza un arroyo que muere en el río Sarela. En la parte central descubriremos unos grandes agujeros que corresponden las minas construidas para acondicionar y extraer agua del subsuelo. Esta agua se empleaba para el arroyo.

Criaturas de los regatos y de las lagoas

Los cursos de agua crean condiciones imprescindibles para la vida de diferentes especies animales como la rana patilonga (Rana ibérica), que sólo vive en el noroeste peninsular. A pesar de que algunas creencias consideran que la salamandra (Salamandra salamandra) como un animal dañino, la realidad es que se trata de un ser inofensivo que se alimenta de insectos. Son también comunes en los arroyos insectos como la libélula (Calopteryx virgo)


Geocaching por el Sarela, Granxa do Xesto y Selva Negra

Esta serie está diseñada para recorrer el Paseo del río Sarela, ir caminando hasta la Granxa do Xesto en el Pedroso y bajar por la Selva Negra para llegar al punto de partida. El recorrido total es de unos 12km. Para hacer el recorrido completo puedes consultar el track en este enlace de Wikiloc: Geocaching por el Sarela, Granxa do Xesto y Selva Negra el registro para poder descargarlo es gratuíto. A continuación puedes ver unas fotos de la ruta: Fotos polo Sarela, Xesto e Selva Negra

ATENCIÓN:

Los WP iniciales de los mystery no guardan relación con la resolución de los mismos, sólo sirven como punto de paso indicativo del camino a seguir. Para resolverlos hay que recorrer como mínimo el tramo en el que están los paneles informativos al principio de la ruta. Cada mystery incluye los WP correspondientes a los paneles necesarios para resolverlo.

  1. Sarela 01. O bosque de ribeira
  2. Sarela 02. Os muíños do Sarela
  3. Sarela 03. Fauna
  4. Sarela 04. Curtidoiro das Casas do Rego
  5. Sarela 05. Lavadoiros e lavandeiras
  6. Sarela 06. As pontes do Sarela
  7. Sarela 07. O río Sarela e o rego do Corgo
  8. Sarela 08. Ponte do Asén
  9. Sarela 09. Lavadoiros de Santa Isabel
  10. Sarela 10. Un río troiteiro
  11. Sarela 11. Ameneiro (alnus glutinosa)
  12. Sarela 12. Organización horizontal
  13. Sarela 13. As ferramentas dos peleteiros
  14. Sarela 14. Leiras e hortas
  15. Sarela 15. Outras árbores da ribeira
  16. Sarela 16. Curtidoiro da Pontepedriña
  1. Sarela 17. Loureiro
  2. Sarela 18. Muíños de auga
  3. Sarela 19. Merlo rieiro
  4. Cara o Xesto 01. O paporroibo
  5. Cara o Xesto 02. Carrabouxa
  6. Cara o Xesto 03. Trametes versicolor
  7. Cara o Xesto 04. Especies invasoras
  8. Cara o Xesto 05. A traída da auga
  9. No Xesto 01. Souto de castiñeiros
  10. No Xesto 02. Minas de auga
  11. No Xesto 03. O parque
  12. Selva Negra 01. O parque
  13. Selva Negra 02. A carballeira e a fonte
  14. Cara o Sarela 01. A vacaloura
  15. Cara o Sarela 02. Ponte Sarela

Additional Hints (Decrypt)

Qrgeáf qhaun crqevñn. Qrgeáf qr han cvrqerpvgn. Zbir bayl gung fgbar

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)